CASAS DOENTES

Proxecto realizado en 2005-2006

O pase de diapositivas require JavaScript.

No mundo rural galego a casa ten un significado moi especial, e hoxe un gran numero delas están abandonadas, deterioradas ou en ruínas. Unhas semellan estaren cegas, outras mudas e todas elas doentes.

O obxectivo desta serie non foi o dun estudoso da arquitectura nin o de realizar un catálogo desas casas. Non se tratou de establecer as diferentes tipoloxías, aínda que obviamente as súas características aparecen reflectidas. Este achegamento sitúase noutro campo, interesándome fundamentalmente pola capacidade de suxestión das imaxes creadas.

Nos traballos artísticos que na actualidade empregan o concepto de arquivo adoita a subxacer o concepto de tipoloxía como base conceptual, como é no caso do realizado polos Becher. En Casas Doentes o concepto de tipoloxía non é importante, de feito nos polípticos de imaxes fúxese da agrupación tipolóxica, mesturando imaxes de casas que pertencen a tipoloxías moi diversas, reflectindo en certa medida o caos que podemos perceber no noso territorio. A agrupación tipolóxica tende a converter o rigor do método no esencial, por riba do poder potencial de cada imaxe, fronte a frialdade desas propostas, pretendín dotar as casas de vida, ata o punto de xerar en algúns casos imaxes antropomórficas.

Neste momento estanse a realizar gran número de aberracións arquitectónicas en toda a xeografía galega, pero limitar á análise ao que se acostuma a denominar “feismo” paréceme unha simplificación. Trato polo tanto de fuxir do reducionismo que significaría limitarse a fotografar as devanditas aberracións que se producen no mundo rural, e da fácil ridiculización que tal posicionamento acostuma a levar implícita. Interesoume máis presentar estas casas con toda a súa dignidade a pesar do estado ruinoso que adquiriron co tempo, centrándome na capacidade evocadora e no potencial que teñen para interrogarnos sobre o presente. Non esquezamos que doente non só significa enfermo.

O pase de diapositivas require JavaScript.

E frecuente tamén que a crítica se limite ao “feismo” do mundo rural, esquecendo decote a arquitectura que se está a realizar nas cidades e vilas, a súa irracionalidade, o gosto polo pastiche e a salvaxe especulación da que son produto. Mentres un número importante das nosas cidades se converten en fantasmas.

INSTALACIÓN

Instalación: (4 canóns que proxectan de forma aleatoria un conxunto de 300 imaxes de fachadas de casas a tamaño case natural (3 x 3m)

O arquivo constitúe un espazo de amoreamento de información, que permite posteriormente aos investigadores estableceren as relacións que consideran adecuadas. Aquí o arquivo emprégase  como un recurso estético.

O proxecto Casas Doentes foi patrocinado pola Consellería de Vivenda e Solo

TEXTOS

Carlos L. Bernárdez

Alejandro Castellote

Christian Caujolle

Marcial Gondar

Alberto Ruíz de Samaniego

Teresa Siza

Patricia M. Keller

Claudia López Barros

-Teresa Mora & Helena Pires: “Pierre-devenir-végétation:les maisons de Manuel Sendón” en Sociétes. Revue des Sciences Humaines et Sociales

LIBRO

 Edita: Centro de Estudos Fotográficos, Vigo, 2007. ISBN: 84-87992-34-X

Textos: A.Castellote, C.Caujolle e M.Gondar

EXPOSICIÓNS

Vigo. Fundación Barrié. 15 xaneiro – 1 abril de 2007

A Coruña. Fundación Barrié. 10 maio -26 xuño 2007

Braga. Museu da Imagem dentro dos 20º Encontros da Imagem. 18 setembro-31 outubro 2010

DOCUMENTACIÓN E DATOS

OUTROS

O documental A casa de Lola de Andrés de Olaia Sendón conta a historia desta casa doente

casa de Lola de Andrés

.

.

.

.

.

.

Unha casa doente como pano de fondo de A piragua obra de Candido Pazó producida polo Centro Drámatico Galego.

9 respostas a “CASAS DOENTES

  1. Pingback: Luís Díaz e o seu proxecto “Caixas de Música” | fotoaberta

  2. necesito me responda si le es posible, tengo 43 años soy cubana y vivo en gran canaria con mis 4 hijos, estoy buscando una casa abandonada para vivir con mis hijos porq no puedo pagar alquiler, si tiene noticias mi telefono es 645484621, le estare agradecida, un saludo.

  3. Manolo:
    Acabo de encontrar esta serie de fotografías de casas en ruinas, !están estupendas¡ entiendo que vendrás pronto por estos rumbos, espero poder verlos.
    Saludos.
    Alfonso Penela Q.

  4. si usted quer fotografiar casas en ruinas, non ten mais que subir a Sardiñeiro de arriba.

  5. HOLA MANUEL COMO VA TODO HE ESTADO ECHANDO UN VISTAZO A TU BLOG Y A MI FOTO DEL FUTBOLIN TUVE BUEN OJO A LO MEJOR ME SALVA EN LA JUBILACION, POR CIERTO DESPUES DE SEPTIEMBRE HABLAREMOS DE LA FOTO DE ESCUPIENDO A BARLOVENTO EDITH VA A PINTER LA CASA Y YA TENEMOS UN SITIO MAGNIFICO PARA ELLA . HE CAMBIDO TOTALMENTE LA WEB MIRALA Y DIME TU OPINION …………………………UN ABRAZO FUERTE PARA TI Y TODA LA FAMILIA

  6. Hay gente que no está de acuerdo con que sus casas salgan en este tipo de cosas. Hay gente que sí, tienen casas abandonadas en las que dejan que el tiempo pase y acaben siendo una ruina, pero hay otras personas que simplemente tienen la casa en su propiedad pero no tienen el dinero suficiente como para restaurarlas o mejorarlas. Si al autor de estas fotografías no le gusta el paisaje que provocan, que ponga pelas y ayude a mejorarlas en vez de tanto quejarse.

  7. Estiven o pasado martes na exposición. Encantoume. Sobretodo, as texturas e sucesións da cuarta planta.

Deixar un comentario