2004 A MEMORIA DO ÁLBUM

A MEMORIA DO ÁLBUM

O pase de diapositivas require JavaScript.

Fotos de 125 x 170 cm, realizadas sen cámara

ENGLISH BELOW

“Que facía as veces da fotografía antes da intervención da cámara fotográfica? A resposta que un agarda é: o gravado, o debuxo, a pintura. Pero a resposta máis reveladora sería: a memoria”. John Berger

A forma non selectiva de actuar da memoria, lembrando as vivencias gratas e esvaecendo as desagradábeis, ten a súa correspondencia na fotografía privada. Así os álbums fotográficos fórmanse partindo dunha escolma non arbitraria de imaxes, de cara a construír unha historia baseada na idealización do pasado que se asume como propia.

Deste xeito o álbum ten mesmo vida de seu, sufrindo transformacións de forma continua ao incorporar novas imaxes que decote rompen a temporalidade na que inicialmente se baseaba, e podendo chegar a se converter nun auténtico palimpsesto. Porén o que frecuentemente chama a nosa atención non son estas incorporacións senón os baleiros deixados por imaxes que desapareceron.

En ocasións a ausencia é debida a que a foto que ocupaba ese lugar xa non é consistente coa historia que se pretende construír, pero a súa pegada evócanos as vivencias que o filtro selectivo da memoria tampouco é quen de anular totalmente.

Noutros casos  as desaparicións non son intencionadas, senón simple consecuencia do envellecemento que co paso do tempo sofre o álbum como obxecto. Deterioro paralelo ao que experimentan tanto os corpos como a memoria dos seus protagonistas.

As expresivas pegadas deixadas polas fotografías ao levaren consigo parte do material do álbum, como se se resistisen a deixar de formar parte del, evócannos a importancia da memoria tanto colectiva como individual e o drama que constitúe a súa perda.

Manuel Sendón  2004

díptico

THE MEMORY OF THE ALBUM

What played the role of photographs before the invention of the photographic camera? The answer one expects is : the engravings, the drawings, the paintings. But the most revealing answer would be: the memory.

John Berger

The non-selective way of acting of memory, remembering the pleasant experiences and making the unpleasant ones fade, has its correspondence in personal photographs. The photographic albums are made from a non-arbitrary selection of images, in order to build up a history based on the idealization of the past, a history that we adopt as our own.

This way the album achieves its own life, it suffers continuous transformations when we add new pictures which break the line of time that was used as the basis of the album and can even become a real palimpsest. However what attracts our attention are not the new additions but the gap left by the images that have disappeared.

Sometimes this absence is due to the fact that the picture that was there is not consistent anymore with the history we are trying to build , but its gap reminds us of the experiences that the selective filter of memory cannot totally destroy.

The disappearances are not intentional in either of the cases, they are just a consequence of the aging suffered with the passing of time by the album as an object. This deterioration runs parallel with the one experimented by both the bodies and the memories we have of the people.

The eloquent gaps left by the photographs when taking away part of the album material, as if they were reluctant to stop being part of it anymore, bring to our mind the importance of both collective and individual memory and the drama its loss represents.

Manuel Sendón. 2004

PUBLICACIÓNS

 Incluida en :

-Ausencias  e Memoria ( ISBN:84-87882-29-3) publicado polo CEF no 2004.

-O Futuro da actualidade. CGAC. 2006

-La furía de las imágenes de Joan Fontcuberta (páx. 209-210). 2016

EXPOSICIÓNS

EXPO 1   EXPO 2

2004 Ausencias e memoria . Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela . Itinerou posteriormente  a Vigo (Caixanova) e ao Museo de Pontevedra.

2006:O futuro da actualidade. CGAC. Dentro da mostra (2006)

Norderlicht

2009: Lost and Found.

Nordelicht, Groníngen (Holanada).

Advertisement

Unha resposta a “2004 A MEMORIA DO ÁLBUM

  1. “A mellor fotografía non a fixen coa cámara” Català-Roca en resposta a túa cita de John Berger que me lembrou a deste fotógrafo catalán.

    Susana

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s