1989-1991.PAISAXES

O pase de diapositivas require JavaScript.

see english below

Cando no ano 1989 me invitáron a participar nunha exposición colectiva sobre “A Paisaxe”, pensei que en vez de realizar unha serie de fotografías directas era máis interesante reflexionar sobre o uso que destas se facía. Chamábame especialmente a atención o feito de que imaxes da “realidade” acaban sendo elementos fundamentais á hora de configurar unha nova “realidade”, con todo o que isto leva consigo. As paisaxes que aparecen nestes interiores, non están alí como produto do azar, foron coidadosamente escollidos nos mostrarios de establecementos que as venden por metro, resultando elixidas, nuns casos vistas da Cidade de New York, frecuentemente iluminada para lograr unha maior idealización, e noutros, cataratas, lagos, ríos, ou bosques nos que nunca aparece a acción distorcionadora do home. Constátase, así mesmo, que a medida que os nosos espazos naturais vanse destruíndo, con velocidade vertixinosa nos últimos anos, aparecen imaxes de naturezas idílicas decorando os nosos interiores. Doutra banda, podemos advertir tamén situacións nas que as imaxes representan escenarios familiares aos usuarios dos locais onde están situadas, converténdose a foto nun elemento reforzador dos seus propios acenos de identidade. En realidade Paisaxes é unha visión irónica da coexistencia de dous mundos o “nos” e o “outros” (como ten escrito Marcial Gondar), na que se aproveitan as posibilidades de confusión da fotografía. Non deixa de ser sorprendente que nun país cheo de ríos como Galiza, o representante que fornece de salmón venda ao mesmo tempo o poster dun río noruegués, que segundo as dimensións do establecemento terá as árbores máis altas ou máis matogueiras nos lados.

Manuel Sendón. 1994

When in 1989 I was invited to participate in a group show on “Landscapes”, it occurred to me that instead of making landscape images myself, I ought to explore the use that is being made  landscape pictures themselves. I was particularly intrigued that representations of so called “reality” would end up becoming a fundamental part of yet a new and different “reality”, with all that this entails. The landscapes that appear in these interiors, do not appear there haphazardly, they have been carefully selected from an array of samples offered by the vendors of such images, who sell them by the meter. In certain instances landscapes of New York frequently lit to enhance the idealization of the place, or they can be water falls or lakes, rivers or woods where the destructive intrusion of man never makes itself present. We witness how as man plunders all of nature with astonishing speed, idyllic images of nature start to emerge, and they are decorating our walls. On the other hand we can find that such landscapes are very often familiar scenes to the people showing the images thus becoming a element that offers reinforcement and a symbol of identity. Paisaxes is an ironic view of the coexistence of two worlds, the “ours’ and “theirs” where we take advantage of the potential for confusion that photography is capable of creating.

Manuel Sendón. 1994

  portada paisaxes.jpg

Libro editado  polo Centro de Estudos. Fotográficos en 1991 (ISBN:84-87882-00-5). Textos de: Marcial Gondar e Michaels Gibbs. ESGOTADO

Deixar un comentario