DERRADEIRA SESIÓN

C-009

Caixa de luz

O proxecto Derradeira sesión constitúe un intento por achegarse ao que significou o cine como espectáculo colectivo, a través das miñas fotografías e do documental Os fabulosos irmáns dá luz de Olaia Sendón. Dous traballos realizados con medios distintos e con estéticas diferentes que se complementan.

Non se pretendeu realizar un estudo da historia do cine en Galiza, senón realizar unha viaxe aos espazos que acolleron o que foi, conxuntamente co baile, a actividade lúdica máis importante nos pobos de Galiza a mediados do s. XX. A relación entre ambas foi intensa, e no auxe do cine, frecuentemente as dúas actividades ían paralelas, ata o punto en que había salas en
que logo de proxectar a película desaparecían as filas de butacas para converterse en salas de baile.

Nesta viaxe non me interesaban as salas, normalmente espectaculares, que perderon a súa función, e hoxe restauradas convertéronse en edificios simbólico-institucionais. O poder de evocación está naqueles que en ruínas, recordan outra época na que ir ao cine tiña unha dimensión social moi particular.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Caixas de luz

O cine en Galiza foi, fundamentalmente, un fenómeno da segunda metade do século XX. A finais dos anos corenta do século pasado, un número importante dos cines que existían foran teatros, e aínda que nese momento xa se empezaron a construír algúns novos, non é ata a década dos cincuenta e dos sesenta cando xorden salas ao longo de todo o país. Nos 70 comeza a decadencia coa pechadura de moitas salas, e esta continua nos oitenta, momento no que xorden os minicines, primeiro nas cidades e logo nas vilas. Hoxe en día todos eses cines, salvo contadísimas excepcións, desapareceron, quedando o cine reducido ás salas das grandes áreas.

Os canóns de proxección, as televisións de grandes dimensións e os home-cinemas converteron o cine nun espectáculo individual ou familiar, pero o cine como espectáculo colectivo morreu. As salas foron convertidas en supermercados, discotecas, tendas de Zara, ou destruídos para construír vivendas, e os que sobreviven están reducidos a ruínas. Aínda que entre tanta ruína, hai algunha xoia conservada polos seus donos con gran agarimo, gardada en perfectas condicións coma se fóra a volver funcionar en calquera momento.

Políptico de 63 fotografías (Mosaico da entrada)

EXPOSICIÓNS:

 

 

Sala 1 (entrada): Fotografías 29 x 29 cm pegadas sobre cartón perforadas con remaches circulares como eran as carteleiras dos cines.

 

 

 

 

Sala 2: Sala pintada de negro coas paredes  negras onde a única luz e a procedente das caixas de luz. Dípticos 100 x 40 x 2 cm, 3  de 100 x 100cm e 1  de 120 x 80 cm.

 

 

os-fabulosos-irmans-da-luz1.jpg

 

 

 

Sala 3: Documental Os fabulosos irmáns da luz realizado por Olaia Sendón

EXPOSICIÓNS

– Casa da Parra de Santiago de Compostela.2009 .

– PALEXCO A Coruña. 2010.

-Festival de Cine español. Nantes. Francia. 2016.

-Unha escolma foi mostrada no CGAC (2010-2011) dentro da exposición Novas adquisicións.

Ferias: Sh Contemporary (Shanghai), Estampa (Madrid), Espazo Atlántico (Vigo)

LIBRO

A  Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, organizadora da exposición, editou un catálogo (ISBN 978-84-453-4766-9), contendo todas fotografías  e o documental Os fabuloos irmáns da luz, con 

Texto:  CASIMIRO TORREIRO

 

COLECCIÓNS:

O CGAC adquiriu 5 dípticos desta serie en 2005.

13 respostas a “DERRADEIRA SESIÓN

  1. Juan Fernando de Laiglesia

    A historia reflectida nas facianas dos edificios que dentro tiñan un ollo colectivo, é unha boa historia pra seren contada na Galicia. Sendón pode ver qué hai dentro deses ollos. Gracias pola exposición.

  2. Milagros de la Torre

    belleza pura!!

  3. Hola Manuel:

    Gustaríame contactar contigo para facer un doutorado. ¿É posible?

    Gracias e saúdos

  4. Fantástica exposición. En mi opinión, al menos en el catálogo, deberías poner el nombre y lugar de cada sala. En cualquier caso, enhorabuena.

  5. Pingback: DERRADEIRA SESIÓN na CASA DA PARRA en SANTIAGO do 19 de Maio ao 10 de Xullo «

  6. Bom projecto. a imagem e a sua evolução. Será que a fotografia chegará a este estado. A fotografia a ajudar o cinema e este é feito de fotografias . . . .Só restam estas!
    .
    Boas fotografias e é isso que conta.
    José

  7. Pingback: diario de cultura » Derradeira sesión

  8. Pingback: Derradeira sesión

  9. una más!!!con todos mis respetos!!!
    sólo algo salvaría estas profesionalmente estupendas fotografías,que sean de grandes dimensiones,como los mismos lugares que representan=volver “a site”/2no site”.
    suerte!!!
    carmen q.d.

  10. Me encantan!

  11. Qué Lástima.. e qué escandalosamente fermosas son as tomas!
    Menos mal que existides para a memoria colectiva.
    Parabéns e besiños ós dous!

  12. as fotos boisimas, coma sempre, as salas vacias… fermosas. Pero mellor sería voltar a enchelas de vida, con novos usos, non?
    saudos

  13. Pingback: Nova serie: DERRADEIRA SESIÓN « manuel sendón

Deixar un comentario