FRAN HERBELLO: A IMAXE E SEMELLANZA. 2002

Publicado no número 2 da revista 0 editada polo Colexío de Arquitectos de Galicia

Manuel Sendón 

As fotografías de Fran Herbello constituen unha resposta ao que el considera o acose da sociedade dixital e a pesar de que as súas imaxes acostuman a ser tomadas como dixitais, son producto da intervención directa sobre os corpos. Unha obra de natureza claramente escultórica que amosa precisamente o interese por traballar en contacto con obxectos reais, creando intervencións efemeras carentes de sentido en si mesmo, só pensadas e realizadas para dar lugar a fotografías. Obviamente carece de sentido tentar incluilas nun medio artístico concreto, son esculturas e fotografías ao mesmo tempo, como lle sucede a grande parte a escultura actual. A fotografía, non só reemplazan á intervención, senón que incrementa a verosimilitude do resultado que simulan, gracias ao papel de testemuña notarial que se lle acostuma a atribuir ao medio fotográfico, do que Fran saca bon partido, agudizandoo co uso do branco e negro e a elección das variabeis fotográficas precisas. Como resultado uns corpos fraccionados tan reais como insólitos.

Este traballo pode enmarcarse no contexto de cuestionamento do verismo fotográfico, que as formulacións posmodernas convertiron nun obxectivo recurrente. Na actualidade a irrupción da imaxe dixital está levando a que a presumíbel verosimilitude do medio empece a ser posta en entredito socialmente. Neste contexto, estas imaxes veñen ademáis a pór en cuestión o interese da diferencia entre imaxes analóxicas e númericas, e isto é o que me parece realmente interesante. Pouco importa que a cicatriz da imaxe da espalda sexa realizada co Photoshop, con pegamento Loctite, ou que sexa producto da busca dunha persoa que en realidade a posue. O que ten valor non é o proceso seguido, senón o resultado obtido e o concepto que subxace.

A situación irreal que suxiren moitas das súas imaxes fanos lembrar aos fotogafos clásicos do surrealismo. Resulta inevitábel a comparación entre dorso / corsé co coñecido Les violons d´Ingres que Man Ray realizou no ano 1924. Así como pé / zapato fainos recordar Lonely Metropolitan realizada en 1932 por Herbert Bayer na que en vez de sair os mallóns da pel, son ollos os que aparcen nas palmas da man, producto do fotomontaxe que naquel momento foi moi usado polos artístas vinculados as vangardas históricas que empregaron a fotografía e que nas circunstancias actuais caeu obviamente en desuso. Pero a relación non acaba con estes dous paradigmaticos fotógrafos senón que pode ser extendida ao movemento surrealista en xeral, constatando tamén nestas fotografías a presencia do mundo de Magritte. O universo de Joan Brossa e o do contemporáneo Chema Madoz teñen tamén semellanza en moitos aspectos con traballo de Fran Herbello, sen embargo a temática centrada no corpo, unha das obsesións dos artistas contemporáneos, e a dureza do tratamento fanlle a adquirir unha persoalidade específica ben diferente das poéticas imaxes de Madoz.

A agresividade simulada nas imaxes contrasta coa harmonía da composición formal a que el presta unha coidadosa atención, para desta forma incrementar a tanxibilidade da intervención sobre o corpo incremetando a súa dureza. As opcións fotográficas que as caracterizan como a fragmentación, a sencillez das tomas, o seu carácter central e frontral, a súa simetria, a iluminación con luz difusa e os fondos negros fanlles suxerir un realismo propio das fotografías documentais cientificas. ¿A fotografía da man non podería ser a ilustración dun artigo sobre o implante dunha mán seccionada nun accidente?.

Sen embargo a pesar da agresividade con que simula ter sido tratado o corpo, este traballo é totalmente diferente ao de artistas que en ocasións se automutilan ou transforma o seu corpo en base a inetervención quirurxicas como no caso de Orlan. Nos só as obras se basean en concepcións de diferente natureza senón que o papel da fotografía é distinto, un simple documento dunha intervención.

A pesar da mocidade do autor e do feio de ser o seu primeiro traballo, A imaxe e semellanza, compónse dunha treintena de imaxes de extraordinaria coherencia entre si e cunha resolución visual que a ninguén deixan impasíbel. Un artista que compre seguir.

 

 

Deixar un comentario