ARQUIVO PACHECO

Texto do libro Álbum  Arquivo Pacheco. ISBN: 84-87882-0134 publicado polo Centro de  Estudos Fotográficos en  1994

Manuel Sendón 

Xosé Luis Suárez Canal

No ano 1870 cando o concello de Vigo tiña menos de once mil habitantes e Lavadores e Bouzas eran concellos independentes(1), chega a Vigo formando parte dunha compañía dramática o italiano Feilpe Prósperi Cortechi. Unha vez nesta cidade deixará o teatro para eestablecer, coa súa señora Cándida Otero, unha galería fotográfica na rúa Sombrereros, non volvendo a actuar nada máis que en funcións de afeizoados con fíns beneficos ou para contribuir aos festexos locais.

No ano 1884 trasladanse a rúa do Principe número 31, na que hoxe máis de cen anos despois sigue aberto o estudo fotográfico. En 1899 morre Felipe Prósperi, pasando a dirixir a galería a súa muller, asociandose no ano 1907 con Xaime Pacheco e pasando a denominarse a Galeria “Pacheco y Vda de Prósperi”. Pasando no ano 1915 cando esta morre a ser propiedade exclusiva de Xaime Pacheco.

Xaime de Sousa Guedes Pacheco nacido en Freixo de Espada na portuguesa Serra da Estrela formárase como fotógrafo no estudo que en Ourense tiña o seu irmán Xosé Pacheco. Estudo que ainda pervive na actualidade dirixido polo seu fillo Augusto. Outro dos seus fillos, Xosé, establecerase posteriormente en A Coruña. Coneste fotógrafo formouse tamén Luis Casado, que co nome Ksado se establería en Santiago e Vigo.

Nos anos comprendidos entre 1900 e 1905 non só se dedicará á fotografía senon que entrará no mundo do cine, viaxando primeiro por diversas vilas galegas e máis tarde por Portugal. “Comenzaba a ter exito o maravilloso invento do cinematógrafo e como os seus inventores Augusto e Luis Lumiere eran propietarios dunha gran fabrica de placas fotográficas; al inventar o Cine dirixíronse a todos os seus clientes ofrecendolles o seu invento. Non aceptou o meu irmán nos primeiros momentos …O meu irmán e Francisco A. de Novoa acordan mercar un Cine. Todo arranxado se atoparon coa falta de luz electrica decidindo traer un grupo eletroxeno de Paris…Como Ourense era moi reducido para explotar este negocio fixeronse algunhas saidas a Cela, Verín,Chaves…e vendo que por pobos pequenos non era asunto acordouse tomalo máis en serioe facer as primeiras exhibicións en pobos maiores… Braga, Figueira da Foz, Porto, Lisboa, Evora..

Estos cinco anos pasados en Portugal foron moi utiles para min porque orientaron a miña educación estética e espiritual.”

Despois desta experiencia pasará os anos 1905 e 1906 en casa do seu irmán en Ourense, pero como a súa mentalidade e embicións eran moi distintas ás do seu irmán, considerabelmente maior que el, sentirá a necesidade de independizarse. ” O meu irmán con costumes antiguas non me proporcionaba atractivos para os meus entusiamos nin medios onde desenrolar a miña vida enqueda .Tiña grandes desexos de traballar e en Ourense non atopaba nada agradabel ao meu espiritu”.

A súa incorporación a galería da Viuda de Prósperi levará a unha transformación do estudo, imprimindolle un dinamismo que non tiña debido a avanzada edade de Cándida Otero. A actividade e innovacions do estudo quedarán reflexadas na prensa local así El Faro de Vigo do 5 de abril de 1915 publicaba en portada baixo o titulo “Fotografías Artisticas”:

” Ao rematar a colocación dos novos escaparates con que D. Xaime Pacheco (antes Pacheco y Viuda de Prósperi) engalanou o vestibulo do seu acreditado establecemento de fotografí, expuxo neles unha colección de retratos que é sen dubida algunha o máis notabel que en Vigo temos admirado. Tanto pola fermosura entonación desos traballos como pola perfección con que están executados , non vacilamos en afirmar que as fotografías expostas polo señor Pâcheco podian levar ao seu pe a firma do mellor artista do seu xénero.

Entre esas fotografías hainas de grupos numerosisimos nas que todas as figuras teñen merecido igual atención para o autor de tan delicado traballo. Hai tamén unha colección de fotografías infantiis na súa maoría con traxes de antroido, formando verdadeiras comparsas, que parece increibel que poidera o señor Pacheco vencer airosamente tantas dificultades como representa o ter que haberselas con toda aquela xente miuda.

De antiguo é coñecida a pericia do Sr. Pacheco e así temos que limitarnos a recomendar aos nosos lectores que visiten a súa nova exposición de fotografía artística”

O traballo no estudo crece progresivamente, non só no que se refire a fotografía de estudo, senon tamén no realizado no exterior, en moitos dos casos destinado aos medios de comunicación. Pacheco, é por Pacheco xa non hai que entender só o seu traballo, senón o traballo realizado por todo o estudo, foi corresponsal do El Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, ABC, Blanco y Negro, Cifra, Marca… colaborou, así mesmo, con Vida Gallega e con P.P.K.O. editor de “Vigo através dun siglo” (1922) e “Vigo 1927”, sendo da autoria de Pacheco a maoría das fotografías publicadas nestes dous libros fundamentais a hora de facerse unha idea de como foi a cidade.

Xaime Pacheco encargarase fundamentalmente do traballo de estudo, máis considerado socialmente que o realizado mo exterior, sendo moi reacio a introducir os focos de luz artificial. Iluminará con luz natural controlada coas innumerabeis cortinas de que se dispuña nos estudos tradicionais de luz natural. Do traballo realizado no exterior encargarase, durante as décadas dos vinte e trinta, o seu sobriño Horacio, que chegara a Vigo, procedente tamén de Portugal no ano 1915, aos quince anos. Será, polo tanto, o autor da maoría das fotografías realizadas na rúa neses anos. Fotografiará desde as diversas rúas e edificios modernistas da cidade até a vida politica nos tempos da República e da Guerra Civil. Coa súa cámara irá as Illas Cies ou subirá ao avión “Marabú” que o marques de Quintanar toruxera a Vigo para fotografiar Vigo desde o aire, tendo que aterrizar en baixamar na praia de Panxón. Despois da Guerra Civil realizará gran parte da fotografía tomada fóra da galería Xaime Pacheco, fillo, quem durante a súa estancia na guerra fixera diversos reportaxes como membro do gabinete fotográfico de “El Cuerpo del Ejercito de Galicia”, grupo ao que tamén pertenecian: Xosé Lombardia (A Coruña), Xosé Longueira (A Coruña), Faustino Rodriguez (Monforte), Mario Blanco (A Estrada) e Anxel Llanos (Vigo) que fotografío toda a campaña do norde até entrar en Valencia.

Debido ao gran auxe que cobrou o estudo, foron moitas as persoas que traballaron nel, moitas delas, unha vez que aprenderon o oficio estableceronse pola súa conta. Compre recordar dunha forma especial a Emilio Nogueira, a César, irmán de Horacio que co tempo se establece en Moforte, a Sanles e xa posteriormente a Amoedo que traballará no estudo desde o ano 1944 até o ano 1969 en que se establecerá pola súa conta.

O traballo do estudo Pacheco non só se limitará a cidade de Vigo, senón que tamén realizarán reportaxes fóra da cidade como o realizado na romaría da Virxen da Franqueira. Amoedo ainda recorda hoxe que para alguns desplazamentos tiñan que sair a víspera, como aquela voda que foron fotografiar As Neves cando habia un metro de neve

No ano ano 1954, aos setenta e seis anos de edade morre Xaime Pacheco quedando ao frente do estudo os seus fillos Alberto e Xaime, este morrerá no ano 1981. Na actualidade o estudo, sen o explendor que tivo en tempos pasados, levanno Alberto e Susi, filla de Xaime.

 

Os fondos do arquivo Pacheco son amplisimos tanto no que se refire a traballo de estudo como a traballo de reportaxe. Dentro do conxunto dos retratos de estudo están personalidades como Castelao ou Maside; todalas persoas que foron relevantes ou célebres na vida da cidade como: Xosé Moure ( P.P.K.O.) ou (O Reixiño) asiduo as habituais tertulias que se ordanizaban no estudo; retratos individuais ou de grupo de infinidade de Vigueses. É imposibel atopar unha familia, non recen chegada a cidade, que non teña na súa casa fotografías de Pacheco.

Forman parte del non so os acontecimentos excepcionais, senón tamén imaxes pertenecentes a vida cotidiana que son as que verdaderamente definen a evolución da sociedade. Aparecerá reflexado tanto o traballo industrial de principios de século como o desarrollismo dos anos sesenta. Son innumerabeis as placas dedicadas a O Berbés e ao mundo da pesca en xeral.

Contén, así mesmo, toda a vida politica das diferentes etapas, merecendo especial interes as reportaxes, xa citadas, da República e da Guerra Civil;a vida social da cidade quedará reflexada atraves das diferentes modas e costumbres, poderemos ver o baile de “Las Cabañas” o as mises das distintas sociedades viguesas. Dunha forma especial poderiamos citar o mundo deportivo, estando rexistradas tanto escenas dos deportes que en cada época se practicaron, como retratos en estudio dos deportistas. Así poderemos ver os equipos de futbol Fortuna (fundado en 1907 con campo en Bouzas) e Vigo (con campo en Coia) que se fusionarán no ano 1923 para constituir o Celta.

Algunhas das fotografías mostrannos lugares que deixaron de existir hai tempo, facendonos reflexionar sobre a súa perda. Poderiamos citar moitos edificios modernistas ou establecementos como Café Colón ou o Hotel Moderno. En definitiva podemdos decir que o arquivo Pacheco contén un século da historia da cidade de Vigo 

 

Deixar un comentario