Madrid Mirada no Círculo de Bellas Artes

madrid-mirada-blog.jpg

O día 6 de febreiro inaugúrase no Circulo de Bellas Artes de Madrid a exposición Madrid Mirada, 14 artistas latinoamericanos, que mostra os traballos fotográficos realizados en Madrid por 14 artístas procedentes cada un dun páis diferente de América Latina.

Artistas: Alexander Apóstol, Jaime Ávila. Sandra Boulanger, Maya Goded, Luis González Palma, Jonathan Harker, José Manuel Fors, Priscilla Monge, Eustaquio Neves, Tomás Ochoa, Luis Paredes, Graciela Sacco, Milagros de la Torre e Pablo Zuleta.

Comisarios: Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal.

Dado que a fotografía está prensente en campos moi diferentes , son moitas as posibilidades que permiten definir un proxecto deste tipo. Neste caso optouse por escoller a persoas pertencentes ao campo da arte, co que o proxecto non se pensou, polo tanto, como unha reportaxe da cidade, senón que se tratou de converter Madrid nun lugar de traballo para artistas, debendo decidir cada un con total liberdade a presenza que a cidade debía de ter na súa obra, en función das súas propias concepcións.
As propostas realizadas, caracterizadas pola súa diferente natureza, pon de manifesto a pluralidade de posibilidades que o medio fotográfico achega á arte neste momento. Conviven series formadas por fotografías individuais, con polípticos, con obxectos fotográficos, con fotografías que interaccionan coas súas propias sombras, con imaxes estereoscópicas, co vídeo ou coas reproducións sonoras e en moitas delas coa incorporación da técnica dixital como recurso para dotar á imaxe dunha nova significación.

Posteriormente a mostra itinerará por Latinoamérica.

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s