2009 DERRADEIRA SESIÓN
Mosaico de 60 imaxes montadas sobre cartón.
O cine en Galiza foi un fenómeno fundamentalmente da segunda metade do século XX. A finais dos anos corenta, un número importante dos cines que existían foran teatros, e aínda que nese momento se empezaran a construír algúns novos, non é ata a década do cincuenta e do sesenta cando xorden salas ao longo de todo o país. Nos 70 comeza a decadencia co peche de moitas salas, e esta continua nos oitenta, momento no que xorden os minicines, primeiro nas cidades e logo nas vilas. Hoxe en día os cines desapareceron, funcionando só algún como o de Leiro, Seixo ou Ramallosa, incluso desapareceron practicamente todos os minicines, quedando o cine reducido ás salas das grandes areas comerciais.
O canóns de proxección, as televisións de grandes dimensións e os home cinemas converteron o cine nun espectáculo individual ou familiar, pero o cine como espectáculo colectivo morreu. As salas foron convertidas en supermercados, discotecas, tendas de Zara, ou tirados para construír vivendas, e os que sobreviven están reducidos a ruínas.
O proxecto Derradeira Sesión, constitue un intento por achegarse ao mundo que representou o cine, a través detas fotografías e do documental Os fabuloos irmáns da luz de Olaia Sendón. Dous traballos realizados a través de dous medios distintos e con estéticas de diferentes pero que se complementan.
Non se pretendeu realizar un estudio da historia do cine en Galiza, senón unha viaxe aos espazos que acolleron o que foi, conxuntamente co baile a actividade lúdica máis importante. A relación entre ambas foi intensa. No auxe do cine frecuentemente as dúas actividades ían paralelas, ata o punto en que había salas en que despois de proxectar a película desaparecían as filas de butacas para convertérense en salas de baile.
Entre tanta ruína, hai algunha xoia conservado polos seus donos con gran agarimo, gardada en perfectas condicións como se foran a volver a funcionar en calquera momento. Nesta viaxe non me interesan as salas, normalmente espectaculares, que perderon a súa función e hoxe restaurados convertéronse en edificios simbólico-institucionais. Non me interesan as salas, normalmente espectaculares, que perderon a súa función e hoxe restaurados convertéronse en edificios simbólico-institucionais. O poder de evocación está naqueles que en ruínas, lembran outra época na que ir ao cine tiña unha dimensión social moi particular.
Caixas de Luz, agas as fachadas. Detalles da exposición DERRADEIRA SESIÓN
A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, organizadora da exposición, editou un catálogo, contendo todas fotografías e o documental Os fabuloos irmáns da luz, con texto de Casimiro Torreiro.











Maio 17, 2009 ás 9:39 pm |
[...] VER FOTOS E TEXTO [...]
Maio 18, 2009 ás 12:53 am |
as fotos boisimas, coma sempre, as salas vacias… fermosas. Pero mellor sería voltar a enchelas de vida, con novos usos, non?
saudos
Maio 18, 2009 ás 10:36 am |
Qué Lástima.. e qué escandalosamente fermosas son as tomas!
Menos mal que existides para a memoria colectiva.
Parabéns e besiños ós dous!
Maio 18, 2009 ás 12:15 pm |
Me encantan!
Maio 19, 2009 ás 10:32 am |
una más!!!con todos mis respetos!!!
sólo algo salvaría estas profesionalmente estupendas fotografías,que sean de grandes dimensiones,como los mismos lugares que representan=volver “a site”/2no site”.
suerte!!!
carmen q.d.
Maio 19, 2009 ás 5:07 pm |
[...] Manuel Sendón e a realizadora Olaia Sendón inauguran na Casa da Parra de Santiago a exposición Derradeira sesión, un conxunto de fotografías e videos sobre as antigas salas de cinema de Galicia, a maioría [...]
Maio 20, 2009 ás 9:04 am |
[...] Manuel Sendón e a realizadora Olaia Sendón inauguran na Casa da Parra de Santiago a exposición Derradeira sesión, un conxunto de fotografías e videos sobre as antigas salas de cinema de Galicia, a maioría [...]
Maio 21, 2009 ás 8:35 am |
Bom projecto. a imagem e a sua evolução. Será que a fotografia chegará a este estado. A fotografia a ajudar o cinema e este é feito de fotografias . . . .Só restam estas!
.
Boas fotografias e é isso que conta.
José
Maio 22, 2009 ás 9:50 am |
[...] na Casa da Parra en Compostela a exposición Derradeira Sesión. Este proxecto, formado polas fotografías de Manuel Sendón e Os Fabulosos irmáns da luz, supón unha profundización no fenómeno do cine como espectáculo [...]
Xuño 2, 2009 ás 5:09 pm |
Fantástica exposición. En mi opinión, al menos en el catálogo, deberías poner el nombre y lugar de cada sala. En cualquier caso, enhorabuena.
Setembro 7, 2009 ás 10:35 am |
Hola Manuel:
Gustaríame contactar contigo para facer un doutorado. ¿É posible?
Gracias e saúdos
Xullo 4, 2010 ás 8:00 pm |
belleza pura!!
Xullo 4, 2010 ás 8:08 pm |
A historia reflectida nas facianas dos edificios que dentro tiñan un ollo colectivo, é unha boa historia pra seren contada na Galicia. Sendón pode ver qué hai dentro deses ollos. Gracias pola exposición.