Archivos de la categoría ‘Uncategorized’

Madrid Mirada inicia a súa itinerancia no MADC de Costa Rica

Abril 2, 2008

Madrid Mirada. 14 artistas latinoamericanos inaugúrase o día 10 de abril no Museo de Arte y Diseño Contemporáneo de San José de Costa Rica,  posteriormente viaxará aos diferentes países de América Latina.

O día 10 darei no museo a conferencia Da foto como documeto á foto como medio para a creación. 

milagros-de-la-torre-madrid-mirada.jpg jm-fors-madrid-mirada.jpg maya-goded-madrid-miradamadrid-mirada.jpg

 O proxecto Madrid Mirada  baseado na proposta de invitar a catorce artistas latinoamericanos, cada un dun país distinto, a traballar en Madrid durante unha semana a finais de 2007 para realizar un traballo fotográfico sen ningún tipo de esixencia nin limitación temática. Para levar a cabo a selección para un proxecto deste tipo pódense adoptar criterios de moi diversa índole, dado que a fotografía está inmersa hoxe en día en campos moi diferentes. Neste caso optamos por escoller a persoas pertencentes ao campo da arte, co que o proxecto non se pensou, polo tanto, como unha reportaxe da cidade, senón que se tratou de converter Madrid nun lugar de traballo para artistas, debendo decidir cada un con total liberdade a presenza que a cidade debía de ter na súa obra, en función das súas propias concepcións.

                ochoa-tomas-madrid-mirada.jpg  Alexander Apostol. Madrid Mirada
As propostas realizadas, caracterizadas pola súa diferente natureza, poñen de manifesto a pluralidade de posibilidades que o medio fotográfico achega á arte neste momento. Conviven series formadas por fotografías individuais, con polípticos, con obxectos fotográficos, con fotografías que interaccionan coas súas propias sombras, con imaxes estereoscópicas, co vídeo ou coas reproducións sonoras e en moitas delas coa incorporación da técnica dixital como recurso para dotar á imaxe dunha nova significación.                       
A pesar de que a descrición da cidade non constitúe un obxectivo do proxecto, vemos que quedan reflectidos aspectos tan importante como o peso da historia, a especulación inmobiliaria, algúns conflitos sociais, a cidade como punto de converxencia de culturas diferentes ou a existencia de lugares anodinos capaces de xerar estados de ánimo e sentimentos nalgúns artistas, e que ao cabo acaban converténdose en decisivos para a memoria e o recordo de Madrid

                        .gonzalez-palma-madrid-mirada.jpg              graciela-sacco-madrid-mirada.jpg 

Artistas: Alexander Apóstol, Jaime Ávila. Sandra Boulanger, Maya Goded, Luis González Palma, Jonathan Harker, José Manuel Fors, Priscilla Monge, Eustaquio Neves, Tomás Ochoa, Luis Paredes, Graciela Sacco, Milagros de la Torre e Pablo Zuleta.

Comisarios: Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal

Madrid Mirada en elCírculo de Bellas Artes

Enero 30, 2008

madrid-mirada-blog.jpg

O día 6 de febreiro inaugúrase no Circulo de Bellas Artes de Madrid a exposición Madrid Mirada, 14 artistas latinoamericanos,  que mostra os traballos fotográficos realizados en Madrid por 14 artístas procedentes cada un dun páis diferente de América Latina.

Artistas: Alexander Apóstol, Jaime Ávila. Sandra Boulanger, Maya Goded, Luis González Palma, Jonathan Harker, José Manuel Fors, Priscilla Monge, Eustaquio Neves, Tomás Ochoa, Luis Paredes, Graciela Sacco, Milagros de la Torre e Pablo Zuleta.

Comisarios: Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal.

 Dado que a fotografía está prensente en campos moi diferentes , son moitas as posibilidades que permiten definir un proxecto deste tipo. Neste caso optouse por escoller a persoas pertencentes ao campo da arte, co que o proxecto non se pensou, polo tanto, como unha reportaxe da cidade, senón que se tratou de converter Madrid nun lugar de traballo para artistas, debendo decidir cada un con total liberdade a presenza que a cidade debía de ter na súa obra, en función das súas propias concepcións.
As propostas realizadas, caracterizadas pola súa diferente natureza, pon de manifesto a pluralidade de posibilidades que o medio fotográfico achega á arte neste momento. Conviven series formadas por fotografías individuais, con polípticos, con obxectos fotográficos, con fotografías que interaccionan coas súas propias sombras, con imaxes estereoscópicas, co vídeo ou coas reproducións sonoras e en moitas delas coa incorporación da técnica dixital como recurso para dotar á imaxe dunha nova significación.

Posteriormente a mostra itinerará por Latinoamérica.

Casas Doentes en A Coruña

Mayo 4, 2007

Casas Doentes

Inaugúrase xoves 10 de maio ás 20 h. na Fundación Barrié de A Coruña

coruna-redes.jpg

 

dsc_1354.jpg

Exposición patrocinada pola Consellería de Vivenda e Solo

Mesa redonda Arte, Arquitectura e Fotografía. Xoves 22

Marzo 19, 2007

 día 22 ás 20 horas terá lugar a segunda mesa redonda do ciclo que a Fundación Barrié organizou coincidindo coa exposición Casas Doentes

Modera: Cesar Portela

Interveñen: Antón Patiño, Manuel Olveira e Pablo Gallego Picard 

Fotografía, arte e arquitectura. Mesa redonda. Xoves 15

Marzo 14, 2007

Coincidindo coa exposición Casas Doentes a Fundación Barrié de Vigo organiza o ciclo  Fotografía, arte e arquitectura.

O xoves 15 de marzo ás 20 horas terá lugar  a primeira mesa redonda

Modera: Susana Cendán

Intervirán: Alejandro Castellote, Christian Caujolle e Teresa Siza

Paisaxes no CGAC

Febrero 27, 2007

expo-cgac.jpg

As  35 fotografías que compoñen a serie Paisaxes están a ser expostas no Centro Galego de Arte Contemporánea dentro da exposición Mapas, cosmogonias e puntos de referencia. As fotografías forman parte da colección do centro.

Presentación de A Casa de Lola de Andrés

Enero 25, 2007

forxa-cine-baixa_2.jpg 

         Na forxa de Sardiñeiro (Fisterra) o fotógrafo Ramón Caamaño proxectaba cine nos anos coarenta. No mesmo lugar o sábado  27 de xaneiro ás 20h. Olaia Sendón presenta A casa de Lola de Andrés

poster.jpg

 Documental no que Olaia nos conta a historia dunha casa doente que foi derrubada este verán para construir un bloco de apartamentos, abordando a brutal e irracional transformación que están a sufrir os concellos Cee, Corcubión e Fisterra, situados na Costa da Morte 

  

algunhas casas doentes en Cee,Corcubión e Fisterra

06-76-10.jpg    00.jpg    0009.jpg

    05-10-01-fisterra.jpg     06-76-3.jpg   06-76-7.jpg    

    06-20-03.jpg     06-02-08.jpg    06-04-3.jpg    

 

   novas propostas arquitectónicas de Sardiñeiro 

                apartamentos-1.jpg       apartamentos-2.jpg

                apartamentos-4.jpg       apartamentos-3.jpg

Casas doentes na Fundación Barrié en Vigo

Enero 5, 2007

instalacion.jpg

O día 15 de xaneiro inaugurarase  na Fundación Pedro Barrié de la Maza de Vigo a exposición Casas Doentes, patrocinada pola Consellería de Vivenda e Solo