2007 CASAS DOENTES


06-51-8.jpg

No mundo rural galego a casa ten un significado moi especial e hoxe un gran numero delas están abandonadas, deterioradas ou en ruínas. Unhas semellan estaren cegas, outras mudas e todas elas doentes. 


06-27-8.jpg

06-63-6-a-019.jpg 06-45-5.jpg06-88-11-a-023.jpg 06-01-11-a-005.jpg 06-22-11-a-007.jpg 06-04-3-a-006.jpg

O obxectivo desta serie non foi o dun estudoso da arquitectura nin  o de realizar un catálogo desas casas, non se tratou de establecer as diferentes tipoloxías,  aínda que obviamente as súas características aparecen reflectidas, este achegamento situase noutro campo, interesándome  fundamentalmente pola capacidade de suxestión das imaxes creadas.
Nos traballos artísticos que na actualidade empregan o concepto de arquivo adoita a subxacer o concepto de tipoloxía como base conceptual, como é no caso do realizado polos Becher. En Casas Doentes o concepto de tipoloxía non é importante, de feito nos polípticos de imaxes fúxese da agrupación tipolóxica, misturando imaxes de casas que pertencen a tipoloxías moi diversas, reflectindo en certa medida o caos que podemos perceber no noso
territorio. A agrupación tipolóxica tende a converter o rigor do método no esencial, por riba do poder potencial de cada imaxe. Fronte a frialdade desas propostas pretendeuse dotar as cas de vida,  ata o punto de xerar en algúns casos ímaxes antropomórficas.

06-86-2-a-022.jpg


06-98-1.jpg

Neste momento estanse a realizar gran número de aberracións arquitectónicas en toda a xeografía galega, pero limitar á analise ao que se acostuma a denominar “feismo” pareceme unha simplificación. Trato polo tanto de fuxir do reducionismo que significaría limitarse a fotografíar as devanditas aberracións que se producen no mundo rural, e da fácil ridiculización que tal posicionamento acostuma a levar implícita. Interésoume máis presentar estas casas con toda a súa dignidade a pesar do estado ruinoso que adquiriron co tempo, centrándome na capacidade evocadora   e no potencial que teñen para interrogarnos.

06-96-8-b-029.jpg 06-56-2-b-003.jpg 06-10-4-b-036.jpg

E frecuente tamén que a crítica se limite ao “feismo” do mundo rural, esquecendo decote a arquitectura que se está a realizar nas cidades e vilas, a súa irracionalidade, o gosto polo pastiche e a salvaxe especulación da que son producto. Mentres un número importante das nosas cidades se converten en fantasmas.


06-80-4-a-029.jpg 03-2703.jpg 06-80-5a-020boa.jpg

03-2675.jpg 03-2674.jpg 03-2677.jpg

INSTALACIÓN:

instalacion.jpg

Instalación: (4 canóns que proxectan de forma aleatoria un conxunto de 300 imaxes de fachadas de casas a tamaño case natural (3 x 3m)
O arquivo constitúe un espazo de amoreamento de información, que permite posteriormente aos investigadores estableceren as relacións que consideran adecuadas. Este non foi o obxectivo do arquivo que xenerei neste proxecto. Nesta instalacción emprégase  como un recurso estético.

O proxecto Casas Doentes foi patrocinado pola Consellería de Vivenda e Solo

TEXTOS

Carlos L. Bernárdez

Alejandro Castellote

Christian Caujolle

Marcial Gondar

Alberto Ruíz de Samaniego

Teresa Siza

LIBRO

portada-casas-doentes.jpg

Publicado polo Centro de Estudos Fotográficos 2007.

ISBN: 84-87992-34-X

Textos: A.Castellote, C.Caujolle e M.Gondar

EXPOSICIÓNS

Vigo. Fundación Barrié. 15 xaneiro - 1 abril de 2007

A Coruña. Fundación Barrié. 10 maio -26 xuño 2007

Braga. Museu da Imagem dentro dos 20º Encontros da Imagem. 18 setembro-31 outubro 2010

EXPOSICIÓNS E DATOS

OUTROS

A casa de Lola de Andrés

casa-lola-de-andres.jpg

O documental  A casa de Lola de Andrés conta a historia dunha casa doente (www.costadefunta.wordpress.com)

A piragua

a-piragua-teatro.jpg

Una casa doente como telón de A Piragua obra de Candido Pazó producida polo Centro Drámatico Galego

9 Respostas a “2007 CASAS DOENTES”

  1. palmira di:

    fermoso coma unha sicatris
    http://insomniorizar.blogspot.com/2007/01/fermosas-cicatrises.html

    Palmira Castro. sardiñeiro

  2. Silik di:

    Estiven o pasado martes na exposición. Encantoume. Sobretodo, as texturas e sucesións da cuarta planta.

  3. cogumelo di:

    Hay gente que no está de acuerdo con que sus casas salgan en este tipo de cosas. Hay gente que sí, tienen casas abandonadas en las que dejan que el tiempo pase y acaben siendo una ruina, pero hay otras personas que simplemente tienen la casa en su propiedad pero no tienen el dinero suficiente como para restaurarlas o mejorarlas. Si al autor de estas fotografías no le gusta el paisaje que provocan, que ponga pelas y ayude a mejorarlas en vez de tanto quejarse.

  4. jose ramon bas di:

    HOLA MANUEL COMO VA TODO HE ESTADO ECHANDO UN VISTAZO A TU BLOG Y A MI FOTO DEL FUTBOLIN TUVE BUEN OJO A LO MEJOR ME SALVA EN LA JUBILACION, POR CIERTO DESPUES DE SEPTIEMBRE HABLAREMOS DE LA FOTO DE ESCUPIENDO A BARLOVENTO EDITH VA A PINTER LA CASA Y YA TENEMOS UN SITIO MAGNIFICO PARA ELLA . HE CAMBIDO TOTALMENTE LA WEB MIRALA Y DIME TU OPINION …………………………UN ABRAZO FUERTE PARA TI Y TODA LA FAMILIA

  5. jose ramon bas di:

    PERDONA LA WEB ES http://www.joseramonbas.com

  6. manola di:

    si usted quer fotografiar casas en ruinas, non ten mais que subir a Sardiñeiro de arriba.

  7. Alfonso Penela Q di:

    Manolo:
    Acabo de encontrar esta serie de fotografías de casas en ruinas, !están estupendas¡ entiendo que vendrás pronto por estos rumbos, espero poder verlos.
    Saludos.
    Alfonso Penela Q.

  8. sandra di:

    necesito me responda si le es posible, tengo 43 años soy cubana y vivo en gran canaria con mis 4 hijos, estoy buscando una casa abandonada para vivir con mis hijos porq no puedo pagar alquiler, si tiene noticias mi telefono es 645484621, le estare agradecida, un saludo.

  9. Luís Díaz e o seu proxecto “Caixas de Música” | fotoaberta di:

    [...] (A Coruña, 1978), fala dunha relación clara do seu traballo co de Manuel Sendón “Casas doentes”, como se lle servira de inspiración para desenvolver a súa idea. Na Bienal de Fotografía e [...]

Deixar unha resposta

Please log in using one of these methods to post your comment:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.