2009 crebas (en curso)

 

 09-0204   09-0109

 

 090309   09-0310

 

Escoito e escoitei moitas historias fascinantes de obxectos traídos polo mar, unhas simpáticas e outras tráxicas. O mar cuberto de laranxas ata cambiar de cor, praias poboadas de capachos multicolores (máis propias dunha instalación que dun fenómeno natural), mulleres con impresoras cargadas na cabeza, como noutros tempos se levaban as sellas… Cousas traídas da ribeira que, aos poucos, enchían as casas e conformaban un modo de sentir o mar. Pero tamén se fala de barcos empotrados en areais aos que o mar normalmente non chega, e praias con mortos traídos polas correntes e as mareas, sen esquecer as paisaxes apocalípticas do Prestige e da evacuación do Casón.

 

       08-46-073   09-03042   08-46-051

 

 

 A dureza do mar, as condicións en que se navega e as características físicas da costa deron lugar a sucesos sorprendentes. Pero resulta moito máis sorprendente, sen dúbida, a forma en que son vividos e, sobre todo, na que son relatados posteriormente.

 

    

08-47-062

 

Resulta imposible reducir ese mundo a un conxunto de fotografías. Estas imaxes non pretenden describir as crebas, que é como lle chaman os que andan na súa pescuda pola ribeira, senón suxerir. Un intento por achegarse ao potente imaxinario do mar que existe na Costa da Morte.

 

Estas imaxes corresponden ao proxecto en curso CREBAS expostas no Aquarium de A Coruña dende o 23 de abril.

 

DATOS TÉCNICOS:

Copias tipo C montadas en diubond sobre bastidor

DImensións: 1,25 x 1 m agás a cadrada (1m x 1m ) 1 a última  (1,25 x 0,8) 

 

 

5 comentarios para “2009 crebas (en curso)”

  1. Crebas no Aquarium de A Coruña « manuel sendón Dice:

    [...] Máis fotos e texto [...]

  2. Brétemas » «Crebas», nova exposición de Manuel Sendón Dice:

    [...] «Crebas» é o novo traballo que Manuel Sendón desenvolve no Aquarium da Coruña. [...]

  3. Maria Desiree Dice:

    boisimo proxecto Manuel! da moito para traballar… cantas historias se poden contar!
    felicidades! unha aperta dende Rosario

  4. luis Dice:

    moi lindo o proxecto manuel, tamén o dos cines.
    un admirador do teu traballo.
    saude

    luis

  5. Fundación Crebinsky » Blog Archive » As Crebas de Manuel Sendón Dice:

    [...] Sigue lendo no blog de Manuel Sendón. [...]

Escribe un comentario