Madrid Mirada inicia a súa itinerancia no MADC de Costa Rica
Madrid Mirada. 14 artistas latinoamericanos inaugúrase o día 10 de abril no Museo de Arte y Diseño Contemporáneo de San José de Costa Rica, posteriormente viaxará aos diferentes países de América Latina.
O día 10 darei no museo a conferencia Da foto como documeto á foto como medio para a creación.
O proxecto Madrid Mirada baseado na proposta de invitar a catorce artistas latinoamericanos, cada un dun país distinto, a traballar en Madrid durante unha semana a finais de 2007 para realizar un traballo fotográfico sen ningún tipo de esixencia nin limitación temática. Para levar a cabo a selección para un proxecto deste tipo pódense adoptar criterios de moi diversa índole, dado que a fotografía está inmersa hoxe en día en campos moi diferentes. Neste caso optamos por escoller a persoas pertencentes ao campo da arte, co que o proxecto non se pensou, polo tanto, como unha reportaxe da cidade, senón que se tratou de converter Madrid nun lugar de traballo para artistas, debendo decidir cada un con total liberdade a presenza que a cidade debía de ter na súa obra, en función das súas propias concepcións.

As propostas realizadas, caracterizadas pola súa diferente natureza, poñen de manifesto a pluralidade de posibilidades que o medio fotográfico achega á arte neste momento. Conviven series formadas por fotografías individuais, con polípticos, con obxectos fotográficos, con fotografías que interaccionan coas súas propias sombras, con imaxes estereoscópicas, co vídeo ou coas reproducións sonoras e en moitas delas coa incorporación da técnica dixital como recurso para dotar á imaxe dunha nova significación.
A pesar de que a descrición da cidade non constitúe un obxectivo do proxecto, vemos que quedan reflectidos aspectos tan importante como o peso da historia, a especulación inmobiliaria, algúns conflitos sociais, a cidade como punto de converxencia de culturas diferentes ou a existencia de lugares anodinos capaces de xerar estados de ánimo e sentimentos nalgúns artistas, e que ao cabo acaban converténdose en decisivos para a memoria e o recordo de Madrid
Artistas: Alexander Apóstol, Jaime Ávila. Sandra Boulanger, Maya Goded, Luis González Palma, Jonathan Harker, José Manuel Fors, Priscilla Monge, Eustaquio Neves, Tomás Ochoa, Luis Paredes, Graciela Sacco, Milagros de la Torre e Pablo Zuleta.
Comisarios: Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal
Abril 18, 2008 a las 11:22 pm
Boas noites, tan solo comentarche que me parece moi interesante o teu blog, da gusto ver que cada vez hay mais interés por estos temas.
unha aperta